Inauguración Aula de Emprendemento

 


Ao @castrodauz, concedéronlle  recentemente a creación dunha aula de emprendemento, outorgada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade tras presentar un proxecto que ten como fin sensibilizar ao alumnado no emprendemento, tanto empresarial como social, sostible e colaborativo. 

 Dito proxecto, que está enmarcado na Rede Eduemprende da @xuntagalicia pretende establecer unha estratexia para impulsar as habilidades emprendedoras imprescindibles no novo marco socioeconómico cara ao que se encamiña a nosa economía.

Celebramos un pequeno acto de inauguración da mesma cunha charla – coloquio: “O Fomento da Cultura Emprendedora da nosa Contorna”, moderada pola profesora Mercedes Argibay, que coordina dita Aula de Emprendemento e imparte a materia de Empresa e Iniciativa Emprendedora nos Ciclos Formativos. 


Foi un privilexio poder contar coa asistencia de diferentes personalidades do @concellodaspontes como Antonio Alonso, Tenente de Alcalde; Tania Pardo, Concelleira da Área de Benestar Social e Igualdade; Lorena Tenreiro, Concelleira de Organización Interna e Medios Locais; Ana Pena, Concelleira da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego e Erika Sanz, Técnica de emprego local.
Tamén estiveron presentes mostrándonos o seu apoio José Castro e Carolina García, Presidente e Xerente respectivamente, da @asociacionseara
Dende a Consellería asistiron Carmen e Patricia Asesoras de Emprendemento no sistema educativo e dende @cohempo contamos coa súa Presidenta, Montse Gastelu.
Do noso centro destacamos a inestimable labor de Óscar Pita Corral, Dinamizador da relación con empresas na FP, e de José A. López e Ana Veloso, Director e Secretaria do centro, así como a colaboración de Cristina Díaz xefa do departamento de Informática.


Entre todos traballaremos para sacar adiante este proxecto e conseguir inculcar o traballo en equipo e o espírito emprendedor no noso alumnado!!!!!

Comentarios